O Consello da Cultura analiza a galeguización da Igrexa

La Voz

SANTIAGO

Alfonso Zulueta
Alfonso Zulueta SANDRA ALONSO

A xornada tamén servirá de homenaxe a Alfonso Zulueta

23 abr 2024 . Actualizado a las 04:55 h.

Desde as 16.30 horas • Consello da Cultura Galega (Tamén se pode seguir por internet) • O Consello da Cultura Galega organiza esta tarde a xornada «Igrexa e lingua na Transición». Nela profundará nos movementos e iniciativas a prol da galeguización da Igrexa neste período. Ademais, a xornada servirá tamén como homenaxe á figura do notario e intelectual Alfonso Zulueta de Haz cando se cumpre o centenario do seu nacemento. El tivo un papel destacado na tradución da Biblia ao galego e foi presidente do CCG entre o 2002 e o 2006.

A xornada comezará cunha intervención do coordinador da xornada, Silvestre Gómez, na que abordará o desafío da tradución da Biblia. A continuación, será a quenda do teólogo Xosé Fernández Lago, do profesor da USC Lois Ferradás Blanco e de Pilar Wirz Molezún. O peche será con Andrés Torres Queiruga. Tamén haberá coloquio.