A xira «Sobre a independencia» de Exeria recala este sábado en Pontevedra

Alfredo López Penide
L. Penide PONTEVEDRA / LA VOZ

PONTEVEDRA CIUDAD

Sombra

O concerto con billeteira inversa desenvolverase no centro social A Pedreira

27 mar 2024 . Actualizado a las 16:03 h.

Con entrada con billeteira inversa, Exeria traerá este sábado, a partires das 21 horas, a súa xira Sobre a independencia ao centro social A Pedreira. O grupo ven de gañar no 2023 o concurso de bandas Trece Roeis Fest, publicaron os temas Un novo nome e Ata que sexamos reis que acompañaron dos seus respectivos videoclips, polo que este 2024 «vai ser aínda máis emocionante, con moitos concertos en directo e novos lanzamentos. Foron elixidos para formar parte das Desktop Sessions, un formato acústico e en directo ao estilo de Tiny Desk cun ambiente relaxado e composto por dúas cancións inéditas con arranxos influenciados polo trad».

Sombra

O certo é que o concerto deste sábado será o seu debut na cidade de Pontevedra, «parada dunha xira que conta na actualidade con máis de dez concertos, e na que percorrerán as catro provincias» galegas co seu novo traballo discográfico. Sobre a independencia é un EP de cinco cancións que se publicou o 8 de marzo e do que xa fixeron un videoclip, o pertencente á canción A Costa de Frades, que foi elaborado polo equipo de Trece Amarillo, produtores de Marín que xa traballaron no pasado para artistas como Tanxugueiras ou Carlos Núñez.

Sombra

En canto a Exeria, enmarcase nunha nova xeración de músicos amantes das guitarras e do rock, pero que non dubidan á hora de acoller outros xéneros, caso do grunge ou o britpop, dándolles aos temas «un novo xiro coa súa propia fórmula». Os seus propios integrantes recoñecen que, non contentos con isto, «a banda segue abríndose a novas influencias e asimilando música que a priori queda fóra do seu radar estilístico».