Unha visión anticipada

Luís G. Tosar
Luís G. Tosar ENTRE LIÑAS

OPINIÓN

15 jun 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Entre os papeis de Eduardo Blanco-Amor -que agora custodia a fundación que vela pola súa obra- atopei un interesante traball: Centros Gallegos en América. Trátase da súa ponencia ó Congreso Regional de la Emigración Gallega celebrado en Compostela en 1965. Il xa participara no primeiro Congreso da Emigración, organizado, do 24 ó 31 de xuño de 1956, polo Consello de Galiza e a nacionalista Irmandade Galega, que reuniu na capital porteña a destacados representantes das colectividades de América: Xerardo Álvarez Gallego (por Cuba), Xosé Velo (Venezuela), Suárez Picallo (Chile), Lois Tobío (Uruguay), Emilio González López (EE.UU.) e algúns outros. O programa da xuntanza de 1965, promovida pola Universidade de Santiago e patrocinada pola Federación de Cajas de Ahorro de Galicia, permítelle a Blanco-Amor, recén chegado e coa intención de establecerse eiquí definitivo, desenvolver unhas cantas ideas tiradas da propia experiencia como emigrante ó longo de case medio século. Con respecto á identidade dinos: «Galicia era, para el emigrado de los tiempos heroicos, una abstracción, como también lo eran España o Europa. La endovisión que llevaba del sitio natal no era siquiera la del paisaje -cuya conciencia, alejada de la idea nutricia, es ya un aprendizaje cultural- sino la de la tierra en su prístina significación… un sitio para arar y sembrar, un terrón amigo o enemigo, al que se quiere o se odia por circunstancias nada líricas». Despois dunha clara análise do Centro Galego da Habana, ó que EBA considera vítima da política dos «administradores», encárase co sucedido tras o triunfo da revolución castrista e afirma: «Si hoy mismo aconteciese algo semejante en Buenos Aires, no solo los paisanos sino nuestra otra gran fuerza, la gens galaica que pervive, piensa y alienta por la patria anterior, tan fundamental como la argentina, levantaría un clamor reivindicativo que dificultaría la humillante intervención». A actualidade deste traballo está en que Blanco-Amor se anticipa en calificar o que il chama «política de los administradores» como «la culpable de hipotecar el porvenir de nuestras grandes Mutualidades que, sin duda, acabarán sucumbiendo, dada su manifiesta incapacidad para adoptar, a tiempo, medidas diferenciales basadas en el poder de la acción cultural».