Un mes de actividades para celebrar os libros en Sober

C.C. MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

Algunhas das convocatorias levaranse a cabo na biblioteca municipal de Sober, na fotografía durante unha actividade con nenos
Algunhas das convocatorias levaranse a cabo na biblioteca municipal de Sober, na fotografía durante unha actividade con nenos CONCELLO DE SOBER

A biblioteca faralle una biografía ao falecido El Hematocrítico

02 abr 2024 . Actualizado a las 18:26 h.

A biblioteca municipal de Sober prepara para este mes diferentes actividades para conmemorar o Día do Libro Infantil e Xuvenil, que se celebra o 2 de abril, e o Día do Libro, o día 23. Son convocatorias pensadas para para público infantil e adulto e levaranse a cabo dentro do Club de Lectura Pintor de Castinande e as Merendas con Contos.

Segundo a información facilitada polo Concello de Sober, a actividade principal titularase «As biografía das biblioteca: @El Hematocrítico». Consistirá la elaboración dunha biografía de Miguel López (A Coruña, 1976 ? Vigo, 2023), mestre e escritor de libros infantís.

A biografía será presentada o 19 de abril polos nenos participantes nas Merendas con Contos nun acto aberto a todo o público que queira asistir.

O día 23 de abril, a data na que se conmemora o día do libro, o club de lectura realizará unha visita a Celanova na que coñecerán a Fundación Curros Enríquez. Ao día seguinte, na xornada do 24 de abril, todos aqueles que acudan ao Centro Sociocultural de Sober poden levar como agasallo un libro.

Esta programación especial para o mes de abril, remata o día 26 co tradicional mercadiño de libros, xestionado polos nenos que participan nas Merendas con Contos.

Durante todo o mes, ademais, estarán expostas na biblioteca mostras bibliográficas de H. C. Andersen e de El Hematocrítico.