Literatura, música e teatro para un intenso Mes das Letras en Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

María Canosa falará de Luísa Villalta, homenaxeada este ano, na súa terra natal, Cee
María Canosa falará de Luísa Villalta, homenaxeada este ano, na súa terra natal, Cee BASILIO BELLO

Alcaldía e varios departamentos municipais colaboran na posta en macha das variadas propostas

30 abr 2024 . Actualizado a las 19:41 h.

O 36.º Día da Muiñeira de Cee abrirá este mércores 1 de maio un Mes das Letras cargado de actividades culturais organizadas dende Alcaldía en colaboración cos departamentos de Cultura, Turismo, Educación e Partipación cidadá. Así se presenta este maio na Casa da Cultura e, dentro dela, na sala de exposicións ou no seu auditorio Baldomero Cores:

Sábado 4 • Inauguración da exposición fotográfica O Camiño dos Faros: unha imaxe a cada paso. Ás 20.00 horas.

Mércores 8 • Tamén ás 20.00, presentación do libro Cuaderno de viaje al país natal: Galicia, la Vía Láctea de la saudade, de Alfonso Armada, reporteiro, poeta, camiñante. Acompañarán ao autor Ángeles e Mari Pérez, panadeiras de A Pereiriña, e Eliseo Leis, labrador de Queiroso, algúns dos protagonistas indirectos desta obra.

Sábado 11 • Talía Teatro representará Unha inimiga do pobo, grande triunfadora na última edición dos Premios María Casares. Será unha representación con fins solidarios, en tanto que a recadación da billeteira —entradas a 10 euros— irá para o pobo palestino. Haberá opción de fila cero e venda anticipada de billetes na óptica Safa ceense ou ben na biblioteca.

Luns 13 • Seguirá Talía Teatro en Cee, desta volta, ás 12.00 horas, cunha das obras teatrais máis lonxevas do panorama galego, Bicos con lingua, reflexión sobre o uso do idioma na vida cotiá. Función organizada polos institutos Agra de Raíces, Fernando Blanco e Fin do Camiño.

Xoves 16 • Percorrido pola vida e obra de Luísa Villalta, autora homenaxeada este ano nas Letras Galegas, da man de María Canosa e do seu libro Luísa Villalta: melodía de palabras. Será ás 11.00, para a continuación entregar os premios dos concursos convocados dende a biblioteca Francisco Mayán.

VENRES 17 DE MAIO • Ás 11.00, descubrimento dunha placa na aula de gaita en agradecemento a Plácido Baamil. Músico, dedicou boa parte da súa vida a divulgar entre os veciños a música tradicional.

Sábado 18 • Concerto da Banda de Música: 21.00. Música galega e poesía de Villalta.