«Sobre o mal que fai o tabaco», de Chéjov, hoxe no Salón García

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

VILAGARCÍA DE AROUSA

Imaxe dunha montaxe anterior da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada
Imaxe dunha montaxe anterior da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada Fc Castro Photography

O monólogo, con entrada de balde, corre a cargo da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada

19 abr 2024 . Actualizado a las 15:13 h.

A Unidade de Produción da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada escenifica esta tarde, desde as 20.30 horas no Salón García de Vilagarcía de Arousa, o monólogo Sobre o mal que fai o tabaco, do dramaturgo ruso Antón Chéjov.

Adaptada e dirixida por Santiago Cortegoso, da compañía Ibuprofeno Teatro, a peza arrinca cun home que comeza a dar unha conferencia sobre o dano que causa o tabaco, para remtar ofrecendo unha confensión sobre a súa triste vida conxugal e familiar. Unha historia que dotará de vida o actor estradense Gonzalo Valcárcel, ex integrante do grupo vilagarcián Clámide, e que contará cunha ambientación musical singular. E é que con Valcárcel presentaránse nas táboas do Salón García outros tres artistas da súa terra, membros todos do Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso. O clarinete de Juan Núñez, a guitarra e percusión de Pablo Bernárdez e o contrabaixo de Manuel Castedo envolverán a historia en acción, axudando a redondear a atmosfera creada pola dirección de Santiago Cortegoso e as táboas do seu único actor.

Dentro da programación cultural do Concello de Vilagarcía, a entrada para Sobre o mal que fai o tabaco é de balde ata completar o aforo do Salón García.