O BNG de A Illa pide explicacións aos seus socios do PSOE sobre contratos e pagos do pasado mandato

La Voz A ILLA / LA VOZ

AROUSA

Grupo municipal do BNG da Illa
Grupo municipal do BNG da Illa MONICA IRAGO

Preguntarán en pleno pola contratación dunha asistencia xurídica para unha operación urbanística e por unha compra para a Universidade Popular

26 abr 2024 . Actualizado a las 17:38 h.

O BNG goberna en coalición co PSOE na Illa, pero iso no lle impide facer unha labor de fiscalización aos seus socios. Anuncian que no próximo pleno ordinario pedirán explicacións ao alcalde e á concelleira Rosi Viana, como membros da anterior Xunta de Goberno Local, polo seu voto a favor para a contratación por contrato menor e un importe de 9.680,00 euros, ive incluído, do servizo de asistencia xurídica para o desenvolvemento da área de reparto número 14 do PXOM, que abrangue toda a zona que rodea a agrupación de mexilloeiros Illa de Arousa e na que se está construíndo un edificio de 28 vivendas de uso turístico.

«Non temos constancia de que en tódalas áreas de reparto que se desenvolveron ou que están en trámites se asumise por parte do Concello o custo da asistencia xurídica. Queremos que se nos expliquen os motivos desta decisión arbitraria. Porque unhas areas se desenvolven polo modelo de cooperación e outras non? E porque no caso da cooperación os custos da asesoría xurídica os asume o Concello?».

O BNG tamén pedirá no pleno explicacións sobre o pago de 3.000 euros á Federación Española de Universidades Populares en concepto de Patrocinio Editorial de 7 libros e presentará unha proposta para votar en pleno o rexeitamento á macrofactoría de pasta de celulosa de Altri en Palas de Rei.